Song Page - Lyrify.me

Lyrify.me

Muiñeira de santo amaro by Treixadura Lyrics

Genre: pop | Year: 2015

Señor cura, señor cura
Señor cura, señor cura
A doutrina non lla sei
Pídame unhas cantiguiñas
Pídame unhas cantiguiñas
Que eu llas repinicarei
Moza bonita no mundo
Moza bonita no mundo
Non debera de nacer
Porque fai como a mazá
Porque fai como a mazá
Todos a queren comer
Ser solteiro é boa cousa
Ser solteiro é boa cousa
E ser casado tamén
Deixarei pa' cando morra
Deixarei pa' cando morra
Pensar no que me convén
Por dicir viva san roque
Por dicir viva san roque
Prenderon ó meu irmán
Agora que o soltaron
Agora que o soltaron
Viva san roque e o can