Song Page - Lyrify.me

Lyrify.me

Acto II: A insurreción by Ezetaerre Lyrics

Genre: rap | Year: 2017

Días grises de autobuses e trens
A vida é outra nova máis do Mundo Today
Comentaristas botan todo o seu fel
Non quero máis Rufiáns, quero máis Annas Gabriel
Mais temos moita luz neste lado escuro
Murcia derruba paso a paso o muro
Migrantes rachando cos picaportes
Que pechan o forte do seu zulo
Looney Tunes andan por Barcelona
E a prensa seria, que está de broma
Política, non testosterona
Kellys orgullosas pola túa zona
I a marca España, vaia patraña
Cousas estrañas nun Estado que deprime
Non son terroristas as que opinan libres
Terrorismo é o discurso de Felipe

Acción anticuñados, insurrección
Xa abonda de amargados, insurrección
Soltas merda no teclado? Insurrección
Deixemos os memes, pasemos á acción
Somos pobo
Esta loita é nosa, non é miña nin é túa
Somos soños
Os folgos do pobre, os berros na rúa
Somos pobo
O medo do patrón, a unidade proletaria
Somos soños
Aprendendo do pasado agroma unha esperanza

Copiamos esta letra da acta dun soviet
Pra matar a Llamazares a golpe de piolet
E sinte nesta base o cañón do Aurora
Que da paso á insurrección da clase traballadora
Non é que os fascistas queiran volver
É que nunca marcharon, queda todo por facer
Tecer, prender e comprender
Que imos ser como Lenin, que os imos varrer
De todo o Estado e de Catalunya
Nin parches, nin farsas: quero ruptura
Ara els progres diuen “parlem”
Si, clar, parlem de prende el poder
E non chega xa con tumbar ao goberno
Aprendimos dos bolcheviques no Palacio de Inverno
Rabia proletaria, disciplina e paixón
Non permitiremos a segunda Transición
E se queiman a terra, insurrección
Outra folga xeral, insurrección
Contra o patrón, insurrección
Imos queimar a Constitución

Retrouso

Vivimos sen sabelo nunha peli de Berlanga
Da Escopeta Nacional a Benvido Mr. Marshall
Cun toureiro sen un ollo que vende toda unha farsa
Saca a bandeira do polo en lugar da dos piratas
Trapeiros de Inditex xa me raian, xa me cansan
Copias dunha copia doutra copia mal copiada
Ráfagas claras de bombo e caixa que atacan
Ao aguilucho que se agocha na túa merda de rojigualda
Quero un novo Pravda, outro periodismo
Tanto máis me dá La Razón que Al Rojo Vivo
“El referéndum catalán es ilegal, todo un delito”
Di quen apalea ata as cellas de perico
Eu xa non me explico como cheira tanto a rancio
Romperei co Cara al sol con frío siberiano
Só o pobo salva ao pobo, iso téñoo claro
Como que cada fascista vai lembrar Stalingrado

Se aproban o CETA, insurrección
Van caendo as caretas, insurrección
Pra aparcar as diferenzas, insurrección
Imos a por todas, xa abondou de concesións
Retrouso