Song Page - Lyrify.me

Lyrify.me

Terra Esquecida by Dioivo Lyrics

Genre: rock | Year: 2016

Só hai fame e miseria
Baixo esta choiva de sal
Eles gañaron a guerra
Pero este lume non o poden apagar

Se o sol non alumea
Seremos o luar
O pobo xa sufriu dabondo
Xuntos poderémolo ceivar
Ímolo ceivar

Gallaecia, Finis Terrae
Chegou o día de espertar
De erguer esta terra esquecida
Gallaecia, Finis Terrae

Gallaecia, Finis Terrae
A escravitude rematará
Nunca máis terra esquecida
Gallaecia, Finis Terrae
Este lume non o poden apagar
Terra esquecida, nunca máis
Ímola ceivar, a pedra crebará

Morre a natureza
Baixo esta choiva de sal
Só hai fame e miseria
Nunha terra cega de chorar

Mais a forza dun pobo
É coma as ondas do mar
Sempre volta, sempre volta
E ó final a pedra crebará
A pedra crebará

Gallaecia, Finis Terrae
Chegou o día de espertar
De erguer esta terra esquecida
Gallaecia, Finis Terrae

Gallaecia, Finis Terrae
A escravitude rematará
Nunca máis terra esquecida
Gallaecia, Finis Terrae

Gallaecia
Finis Terrae